Novas de maio de Lucía Ferro

Foto do busto de unha muller de pelo curto coas puntas cara fóra. Grafas tipo Oxford. Sorrindo. Leva unha gabardina.

Hola , veño a contarche algunhas cousiñas que fixen este mes en eventos e no blog Ferrados de Luz.

En Ferrados de Luz

Continuando na liña de "Ideas Enxeñosas" que presentei no mes de abril e comecei coa "Intelixencia Artesanal", publiquei outros dous artigos. Nun deles trato o concepto de "Coñecemento Operativo" como base para unha educación efectiva que nos resulte útil de verdade. No último dos tres, comento unha cita de Margarita Padilla que me chamou a atención: "Un Chatbot non ten coñecemento, ten conversación".

E cambiando de tema, sen deixar de ser menos relevante (se cadra é o tema máis importante de todos), neste artigo cóntovos o que é para min "Ir á misa laica". Unha forma de rebeldía, de resistencia, de cambio social.. Un momento no que se comparten valores e se crea comunidade. Ceremonia, rito... E ao final do texto, un poema.

Sample product

Dende amarinha.gal

A próxima xuntanza presencial de amarinha.gal retrasarase ata finais de verán xa que varios membros do colectivo non estaremos dispoñibles para poder dedicarlle o tempo que precisaríamos para organizarla. Con todo, a esfera vistual continúa a existir e a recibir novos membros. Por suposto, non dubidedes en convertirvos en voluntarios do colectivo se desexades que as actividades non cesen e vos apetece contribuír con algunha das vosas aptitudes.

Pomba, a que non era

O proxecto da nosa Pombiña non está parado. Recentemente e grazas ás achegas dalgún mecenas, puidemos encargar a tradución do texto ao éuscaro. Ademais, continuamos a facer a unidade didáctica coa que esperamos facilitarlle aos educadores a introdución da temática do abuso nas aulas.

Sample product

Un libro en inglés

Para aqueles que vos sintades aventureiros e desexedes unha lectura nova, nunha lingua estranxeira, este mes ofrézovos un aporte galego á literatura inglesa.

"Twisted Tales Of a Full Moon Day" xunta 7 historias curtas, cada unha diferente de calquera cousa que leras. Unha lúa chea vermella funciona como único punto en común de xéneros dispares e personaxes singulares.

Sample product

Apóiame

Se desexas apoiarme podes invitarme a un "café" ou mercar un agasallo para alguén especial