Novas de abril de Lucía Ferro

Foto do busto de unha muller de pelo curto coas puntas cara fóra. Grafas tipo Oxford. Sorrindo. Leva unha gabardina.

Hola , veño a contarche algunhas cousiñas que fixen este mes en eventos e no blog Ferrados de Luz.

en Ferrados de Luz

Facía tempo que non escribía no blog e regresei cun exercicio de expresión persoal sobre o maltrato psicolóxico e a atención que a este se lle dá dende eses ámbitos da sociedade que se supón han de coidar de todos nós como son a administración e a sanidade.

con amarinha.gal

O 10 de abril celebramos o primeiro Repai Café de Ribadeo. Tratouse dunha colaboración con Enxeñería Sen Fronteiras e o Instituto Porta da Auga. Acudiu xente que precisaba reparar obxectos da vida diaria como unha motosierra ou unha lámpada e tamén persoas coñecedoras das artes de reparación como pode ser unha costureira ou un profesor de FP. O resultado foi tan bo como se podía esperar e as esperanzas fican de que se realice nunha segunda ocasión.

na EsLibre

O 17 e 18 de abril celebrouse o congreso de software e cultura libre EsLibre 2026 en Melide. Xunto cos membros de amarinha.gal, @agremon e @jsmtux, tiven a sorte de participar como ponente. Levamos como proposta unha sala na que demos unha charla e realizamos un obradoiro co lema Constrúe soberanía dixital cos teus veciños. Foi grabada pola organización pero teredes que esperar ata que se publique.

No entanto, podo contarvos que eramos un grupiño moi diverso, todos interesados en levar ao seu ámbito local un pedazo da cultura libre que alí se discutía. Nós fixemos o posible por compartir a nosa experiencia co colectivo de amarinha.gal ao tempo que aprendimos e recollimos ideas das persoas participantes.

Catro mulleres sentadas cada unha nunha cadeira unha ao lado da outra. Enfronte delas, un home e unha muller tamén sentados e dúas cadeiras baleiras. Entre eles unha mesa baixa de madeira e un libro exposto nela. No fondo hai unha parede de pedra e outra branca facendo esquina.

en Santiago

Uns días despois da EsLibre, paseime pola Libraría Lila de Lilith en colaboración con ESF Galicia quen organizou un evento moi necesario. Esa tarde, encargueime da moderación do coloquio Aprendizaxe e a Intelixencia Artificial no que participou xente moi chula como Margarita Padilla (hacker feminista) Elena Romero membra de @barracondigital ou Laura Pérez, enxeñeira e educadora.

Disto si que temos un video de pouco máis dunha hora no que se condensan moitas reflexións, preguntas e propostas que non deberíades perder.

Video do coloqio Aprendizaxe e Intelixencia Artificial

de novo en Ferrados de Luz

Aproveitando o aprendido este último mes escribín o primeiro artigo dunha serie que se chama Ideas enxeñosas sobre a cultura libre, e se titula Intelixencia Artesanal, un concepto que aportou Elena Romero e que me chamou moito a atención. Podes lelo aqui e non esquezas comentar a túa perspectiva sobre o tema.

Imaxe de fondo do post en Ferrados de Luz